TEMA 1. Situacións e variables na situación do ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces
Ola de novo, colegas!
Voltamos ao blog, desta vez, coa publicación de entradas relativas
á materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Esta primeira
correspóndese ao TEMA 1, o cal veu da man do xa consabido Gonzalo Constenla ao
longo de dúas sesións e que, como podedes ler no título, versa entorno ás Situacións e variables na situación do
ensino das linguas estranxeiras, en concreto, aos contextos de adquisición
e de uso, ao repertorio lingüístico, e á lingua estranxeira a idades precoces. En
xeral, gustaríame resaltar que este primeiro tema estivo especialmente marcado polo desenvolvemento de actividades en grupo, nas cales detereime a continuación á vez que vou presentando os contidos.
2) Citröen ten 13 fábricas en 7 países
diferentes. En que linguas se comunican os responsables das fábricas entre si?
Á primeira respostamos negativamente, xa que sabíamos que na Unión Europea e nos seus órganos existe unha forte dependencia de tradutores, pero non para todas as linguas da Unión. Para a segunda custounos algo máis chegar a un acordo, pois a pesar de escoller o francés tiñamos as nosas anotacións sobre a predominancia do inglés en certos casos. A resolución da actividade tivo lugar na segunda e última sesión, e, en xeral, as conclusións de todos os grupos foron validadas polo docente. Esta actividade gustoume especialmente, gústame cando tratamos temas distintos en grupos e logo expoñemos as nosas conclusións contando coa guía, axuda ou mesmo corrección do profesorado.
Para a redacción da miña tese escollín o concepto de “adaptación lingüística”
para que non se (mal)interpretase a “aprendizaxe” como un proceso alleo ás
linguas de orixe (en consonancia coa idea do translinguaxe promovida por Ofelia García tras analizar o caso concreto do alumnado hispanoamericano en EEUU). Neste sentido, tamén agradecín a reflexión
de Gonzalo sobre a importancia de corrixir, no caso dos docentes de linguas
estranxeiras, tendo en conta a gama de trazos lingüísticos presentes nunha lingua.
É dicir, no caso de español para estranxeiros non insistiríamos, por exemplo, na eliminación do seseo, xa que é unha variación fonolóxica moi estendida. Logo de reflexionar sobre o noso repertorio, analizamos as
distintas metodoloxías para a ensinanza de linguas estranxeiras, tendo en conta
que a súa fin e enriquecer o primeiro e a cohesión da comunidade lingüística.
Para isto, seguindo as características da actividade anterior, cubrimos unha
táboa na que seleccionamos os tipos de didácticas máis convenientes (entre
didáctica de lingua inicial, de segunda lingua, de lingua estranxeira, AICLE,
aprendizaxe precoz, fins específicos e CALL) para distintos contextos de
aprendizaxe e, por tanto, nalgúns casos, segundo os repertorios do alumnado (velaquí o resultado). Esta actividade
resultou moi esclarecedora, máis do que sería a revisión dos contidos sen a súa
“aplicación”; en concreto, e desde o meu punto de vista, no relativo aos cursos para fins específicos e a
metodoloxía CALL.
A última parte do temario centrouse nas variables no
ensino das linguas estranxeiras: a idade do alumnado, os tipos de centros (para o que realizamos un debate no que non me deterei) e os
materiais didácticos. Para o primeiro, elaboramos outro Diagrama de Venn para o
que reflexionamos sobre as diferenzas e similitudes, neste caso, entre o
proceso de aprendizaxe das persoas adultas e dos menores de 12 anos. Esta
actividade resultoume interesante polas reflexións sobre as diferenzas, dunha
banda, na inhibición e, doutra banda, na identificación coa cultura ou a “imaxe”
da comunidade lingüística. Ambos foron aspectos nos que non nos detivemos no
noso grupo, e que resultan fundamentais á hora de enfrontarse á aprendizaxe
dunha lingua. Para finalizar, analizamos catro libros de texto de inglés e francés no tocante ao tipo de actividades que tiñan para traballar cinco
destrezas diferentes (recepción, produción, gramática, léxico, e fonética e entoación),
por exemplo: o seu peso no documento, lugar no que aparecen, ou o enfoque
metodolóxico. Esta actividade resultou algo complexa debido ao tempo do que
dispoñíamos, de feito, tivemos que recapitular a información acadada por todo o
grupo fóra da sesión. En xeral, pódese concluír que existe diversidade de
materiais e o persoal docente pode, a partir dunha revisión de textos, atopar aquel que
lle permita acadar os seus obxectivos da maneira máis beneficiosa para o seu
alumnado. No grupo dedicado á gramática comprobamos que na actualidade existen métodos con certo carácter innovador para tratar a mesma, por exemplo, o uso de imaxes ou os listenings.
A modo de conclusión, cómpre salientar que, se ben a realización de actividades tamén ocupaba unha parte importante das sesións na materia anterior e, doutra banda, cursamos unha materia enteiramente destinada á innovación docente, neste segundo contacto con Gonzalo tivemos a oportunidade de descubrir, polo menos no meu caso, novos xeitos de introducir temario e/ou partillar coñecementos de forma dinámica e interactiva. É salientable como nesta última materia resulta moito máis doado visualizar a forma de aplicar estas actividades a unha clase de lingua estranxeira. Ademais, e a pesar de que todo isto ocorreu en só dúas sesións, penso que as actividades estaban moi ben sintonizadas cos distintos contidos e realmente axudaron á súa comprensión e retención.
¡Hola Laura!
ResponderEliminarCoincido contigo en que la actividad de ver nuestro repertorio lingüístico fue muy interesante y sorprendente ya que no conocía este concepto. Otro aspecto curioso que aprendí fue la diferencia entre comunidad lingüística y comunidad de lengua. Según los resultados de nuestro repertorio, en nuestro grupo somos una comunidad lingüística por que compartimos un repertorio lingüístico de base, pero también somos una comunidad de lengua ya que compartimos el conocimiento y uso de una misma lengua (castellano).
¡Un saludo!
Estefanía.
¡Hola!
EliminarMuchas gracias por leer y comentar. Me gusta mucho tu reflexión, creo que es muy positivo que estos conceptos se introduzcan en la enseñanza de lenguas. La verdad es que hemos empezado esta última asignatura con unas sesiones fantásticas. ¡Ojalá hubiese más espacio para el debate!
¡Saludos!
¡Hola Laura!
ResponderEliminarAl igual que comenta Estefanía, la actividad sobre nuestro repertorio lingüístico me ha parecido muy interesante y me ha gustado mucho que la menciones en tu entrada. Además, como bien dices una vez más confirmamos no existen personas monolingües, y nuestra clase es un ejemplo perfecto.
Un saludo,
Marta.
¡Hola!
EliminarSí, el monolingüismo son los padres, jejeje. ¡Gracias por tu comentario!
¡Saludos! ¡Nos vemos pronto!
Boas tardes, Laura:
ResponderEliminarParabéns pola túa entrada. Ao igual que a Estefanía e a Marta, a min tamén me gustaron moito as túas apreciacións sobre a actividade do repertorio lingüístico... Tiña curiosidade por ver cal era o do grupo 2, polo que que o incluíras nunha captura resultoume moi esclarecedor. Abofé que é que é do máis variado! Concordo contigo en que esta actividade é moi útil para verbalizar a dificultades de establecer o límite entre unha lingua ou unha variedade de lingua, o que pon de manifesto a artificialidade destas fronteiras. Paréceme moi interesante e necesario o concepto da ‘falacia do nativo’ e, de feito, gustoume moito a apreciación que se fai no libro que enlazas: '‘SLA researchers need ‘a reality check’ in their silence about postcolonial and multilingual contexts for L2 learning all over the world, where the norm and model of nativeness makes no sense’. Eu mesma diría que a palabra 'L2' tal é como se emprega en contextos anglosaxóns (como sinónimo de lingua estranxeira) reproduce esta falacia da L1 única. Na mesma liña, agradézoche que menciones o concepto de ‘adaptación lingüística’ e o motivo polo que te decantastes por el á hora de escribir a túa tese, xa que non me parara a pensar en que o concepto de ‘aprendizaxe’ é, en certo sentido, máis excluínte, posto que non ten tan presente a idea da ‘lingua’ inicial. Tamén me resultou interesante a cuestión do seseo como elemento a non corrixir... se o pensamos ben, no español de moitos países de Latinoamérica tamén está moito máis presente o 'inglés', polo que tampouco deberiamos de corrixir estes xiros por purismo lingüístico... neste caso, creo eu, primaría o criterio de uso, e o uso pon de manifesto, outra vez, iso que tanto repites ti de que as linguas conceptualizadas como compartimentos estancos son un mero construto ideolóxico...
Como sempre, graciñas por tanta food for thought! Deica a próxima!
A modo de cierre de etapa bloguera, muchísimas gracias por tus comentarios, Rut. Le has dado sentido a muchas de mis ideas y he aprendido con tus aportaciones. Así da gusto publicar.
Eliminar¡Besiños!
¡Hola, Laura!
ResponderEliminarEnhorabuena por tu entrada, presentas de un modo muy sintético y claro todos los contenidos impartidos en el aula así como las actividades, de las cuales valoro que hayas aportado las imágenes ya que no solo ilustran tu explicación sino que también muestran los conceptos planteados en el aula por tu grupo. Por ejemplo, me ha gustado mucho poder ver el repertorio lingüístico de vuestro grupo, veo que al igual que sucedió en el nuestro finalmente surgieron muchas más lenguas y variedades de las que en un principio creíais que surgirían. Sin duda ha sido un actividad muy enriquecedora e interesante.
Por otra parte y como también te ha comentado Rut, me ha parecido muy interesante la reflexión que has compartido respecto al concepto de "adaptación lingüística" que has utilizado en tu tesis, y es que es cierto que el término "aprendizaje" parece no tener en cuenta la lengua inicial.
¡Un saludo y hasta la próxima!
¡Gracias, Joana!
EliminarSobre lo de la adaptación, es que en el contexto que investigué pues tenía mucho más sentido eso, ya que en muchas ocasiones las personas inmigrantes no realizan cursos de lengua y lo que tratan es ir adaptándose lo máximo posible para conseguir comunicarse... ¡En fin! Gracias por pasarte a menudo y tus comentarios. Espero que nos veamos pronto.
¡Besiños!