Diario do TEMA 7. A miña presentación sobre un centro CLIL de secundaria
Ola, colegas!
Nesta entrada vos achego a miña presentación relacionada co TEMA 7, o cal pertence ao temario impartido por Gonzalo Constenla. En concreto, investiguei sobre a aplicación da ORDE do 12 de maio pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e finalmente me detiven no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, o cal é un centro da Coruña cunha longa traxectoria. Aquí podedes visualizar o Prezi. Eu non elaborei un guión que complemente este resultado final (un reto que tiña eu persoal...) pero se vedes que é necesario adxuntar un fío conector non dudedes en comentalo.
Teño que dicir que, ao comezo, pensaba que sería imposible encher os 10 minutos da presentación, xa que atopei moitas complicacións á hora de escoller un centro que servira de exemplo ou modelo, ademais eu propuxérame facelo sobre un centro público e que xa incorporara "plurilingüe" ao seu nome. Cando aceptei as irregularidades como o habitual e tratei de analizar as peculiaridades de cada centro tendo en conta os requisitos da contorna e os do proxecto europeo do que beben estas iniciativas centradas na lingua inglesa, xa me faltaba o tempo...
Por último, quero aproveitar para deixar por escrito, xa que esta entrada poida que reciba máis visitas (vaime gustando esto de ser bloguera), que me gustaron moito as últimas sesións dedicadas ás presentacións. Os temas foron moi variados e interesantes e motivaron charlas moi proveitosas e agradables.
Vémonos á volta! Bo descanso!
Ola Laura!
ResponderEliminarO primeiro, dicirche que a pesar das dificultades que mencionas que atopaches, fixeches unha moi boa presentación, así que parabéns polo teu traballo! A información é moi completa e ademais explicaches todo moi ben na aula. En relación co contido, unha cousa que non comprendo é que as aulas se impartan en inglés se despois o material que utiliza o alumnado está en galego/español (agás o que aporte o profesorado), xa que penso que isto ao mellor fai que sexa máis complicado para o alumnado comprender os conceptos e estudar a materia.
Moi boa presentación! Felices festas!
Iria.
Ola, Iria!
EliminarGrazas polo teu comentario. No tocante ao que dis sobre a mestura de linguas na aula, supoño que o obxectivo é faciliar a comprensión por parte do alumnado, e tamén que se fagan comprender... A verdade é que non sei como serán a maioría das probas para avaliar nestas materias, pero non parece doado preparalas... Veremos como vai evolucionando este tema!
Grazas de novo! Feliz ano para ti!
Boas Laura!
ResponderEliminarUnha presentación moi completa, noraboa! A verdade descoñecía totalmente o funcionamento dos centros plurilingües, e creo que soubeches aproveitar moi ben eses 10 minutos que mencionas para proporcionarnos unha panorámica xeral dos mesmos baseandote no exemplo do Eusebio da Guarda. En canto ao bo funcionamento destes, teño as miñas dúbidas e receos, creo que a presión social e o interese político en outorgar o prestixioso título de "plurilingüe" pode levar a facelo sen realmente consultar se se dan as condicións necesarias para o seu éxito. Supoño que, como ti dis, o tempo o dirá e veremos os resultados da súa evolución.
Un saúdo e que desfrutes dos últimos días antes da volta ao "cole"!
Laura Rodríguez Fernández
Ola, Laura!
EliminarGrazas por comentar. Si, as esixencias non son moi elevadas... Veremos a ver!
Boa fin de vacacións! Vémonos!
Ola, Laura!
ResponderEliminarEn primeiro lugar gustaríame felicitarche pola entrada e pola presentación. A información está moi completa e, ademais, grazas a ela, sei un pouco máis sobre os centros plurilingües. A verdade é que non tiña moi claro en qué consistían. A min tamén me vai gustando o de ser bloguero.
Feliz 2019!
David.
jeje Pois a seguir creando contido! Eu penso que é unha forma xenial de deternos en aspectos aos que quizais non lle dedicaríamos nada de reflexión. Pero, iso si, leva o seu tempo...
EliminarGrazas polo teu comentario, David. Vémonos pronto!
Boas Laura!
ResponderEliminarO primeiro felicitarte pola presentación, completa, clara e axustada ó tempo demandado, algo que non era sinxelo xa que houbo que reducilo, e iso non sempre é algo doado de facer. No tocante ós temas tratados, eu estou totalmente dacordo coa aportación hai tres días da outra Laura Rodríguez (Fernández): en moitos casos (quero pensar que non en todos) a decisión está totalmente politizada, é moi bonito colocar un cartel coa etiqueta Plurilingüe e saír nun par de fotografías, mais o lado negativo empeza xusto cando os políticos desaparecen, pois xa non lles importan o que aconteza mentres non traia titulares de prensa. A educación está totalmente politizada e influenciada polas esixencias sociais do entorno.
Parabéns pola presentación!
Boas, Alex!
EliminarGrazas por compartir o teu punto de vista! Non nos queda máis que facer ver estas conexións político-económicas con... todo? Ardua tarea!
Vémonos!
¡Buenas tardes (casi noches :)) Laura!
ResponderEliminarFelicidades por tu presentación, ya que entiendo que no ha debido de ser fácil encontrar una programación y la documentación necesaria para poder analizar cómo se imparten las materias en la modalidad plurilingüe. Creo que toda la información que has aportado ha sido muy interesante. Lo que más me llamó la atención de toda la presentación fue el nivel que se espera que obtenga el alumnado tras cursar las materias en esta modalidad, ya que creo que el nivel B1 de referencia es un poco utópico. Creo que tu presentación fue una de las que más motivó la participación de los oyentes así que bien hecho :)
Bo día, Raquel!
EliminarParece que agora hai presa por acadar os obxectivos do Plan, veremos a ver se, co tempo, se vai afianzando de forma máis rigorosa. O tema da desinformación e mala proxección por parte dos centros educativos quizais foi mala sorte, pero de verdade que penso que, nos tempos que corren, aí hai un nicho para persoas que traballan en informática, etc. jeje
Grazas por comentar e pola túa achega.
Vémonos!
Bo día!
ResponderEliminarGustoume moito a túa presentación. Reafirma esa idea que xa íamos tendo de que a ficción é moi bonita, e que na realidade as cousas son diferentes.
Xa empezaches forte dicindo que foi moi difícil atopar un PEC en condicións e que tiveches que "acepta-las irregularidades" como o normal.
Xa vin o teu cometario na presentación de Laura R.F. e estaría ben saber se algunhas desas carencias estarían nalgún PLC (de existir).
Ademáis comparto, como xa ben sabes, esa crítica ó imperialismo có que se planifica a educación, e á falta de consistencia que existe na aplicación do plan EDUlingüe.
Grazas, Santi!
EliminarAlégrome de que se entendera a presentación e de atoparme con xente con ideas similares.
Vémonos!