Diario do TEMA 6. As programacións didácticas vixentes
Ola, colegas!
Como comentei na entrada estilo dosier, o TEMA 6 xirou entorno ás programacións
didácticas destinadas á ESO, ao Bacharelato, ás FP e aos cursos das EOI. En concreto,
tratamos polo miúdo como se desenvolven e que elementos as compoñen, ademais de
poñer en práctica ámbalas cuestións a través de, por unha banda, a observación
e a análise de programacións e, doutra banda, a elaboración dunha pequenísima
parte: un obxectivo. Nesta entrada vou plasmar a miña reflexión sobre as
programacións da secundaria ás que tiven acceso.
O certo é que ata a miña incursión neste mestrado, non tiña plena conciencia do que era unha programación didáctica, nin do que
supoñía tanto para o profesorado como para o alumnado. Con todo, continúa
sorprendéndome a variedade de interpretacións que se fan do documento que serve de base: o currículo. Se ben entendo que é lóxico e beneficioso que cada departamento,
módulo profesional ou membros do profesorado realicen as súas propias programacións,
non chego a comprender a variedade de estilos de programacións que existen, e non polo seu carácter personalizado. Particularmente, aínda que, en xeral, case toda a información que ofrecen debe ser especificamente elaborada para o grupo ao que está destinada (por exemplo, aquelo que se especifica no apartado de
contextualización ten que ser personalizado, xa que é fundamental para unha
correcta evolución do proceso de ensinanza-aprendizaxe), quizais debería impoñerse un modelo no que se teñan que insertar uns contidos correctamente elaborados e xustificados.
Explícome, para a realización da miña presentación
sobre centros CLIL revisei numerosas programacións de secundaria de centros
galegos e o certo é que moi poucas demostraban ter sido elaboradas a partir de
todo o que temos aprendido nós. Isto sorprendeume despois do doado que nos resultou atopar unha programación moi completa para a realización dunha das actividades deste tema. En concreto, cando eu penso na elaboración
dunha programación soe virme á mente a idea de que calquera que teña que substituír
á persoa que a elaborou debería de ser capaz, a través do seguimento da mesma, de
conseguir os resultados previstos. Porén, unha boa parte dos documentos que consultei
non tiñan seccións como a de contextualización, nos mostraban claridade ante os
materiais e recursos a empregar, ou tampouco recollían os indicadores para
avaliar a práctica docente. Noutros casos, contiñan estes apartados máis a
elaboración notábase mecánica, pouco concreta, pensada para cumprir cun
obxectivo respecto dos contidos xerais pero sen rigorosidade. Incluso nunha ocasión
atopeime coas táboas dos bloques temáticos do currículo adxuntas, sen ter
traballado sobre a súa aplicación ao grupo-aula, ou o grao mínimo de
consecución de cada un deses estándares.
Neste sentido, en todo o tocante á avaliación é
donde penso que existe unha fenda importante entre membros do profesorado que
están ligados a métodos que agora se consideran tradicionais e aqueles outros que poñen
en práctica outro tipo de técnicas. As notas que poñen estes últimos, ao contrario das
dos primeiros, non dependen de probas definitorias (xa sexa por competencia ou
temario) senón que fan unha avaliación máis xusta a partir do uso de varias
técnicas como as rúbricas ou a observación no aula. En xeral, polo que puiden
ver, as programacións didácticas non transmiten demasiada flexibilidade. Por
exemplo, se ben teñen en consideración as fontes didáctica, epistemolóxica e
sociolóxica, nesta orde, á psicolóxica non se lle da especial importancia. Isto
poida que teña que ver con que a planificación do curso faise sen coñecer ou
ter información previa sobre o grupo-aula (o cal é posible, alo menos, no caso
de que sexa un grupo novo no centro) e, unha vez se ten o coñecemento necesario,
non se actualiza o documento ao que temos acceso dende a páxina web do centro. A
este respecto, considero que, nos tempos que corren, moitos centros deberían de
inverter no seu portal web, facendoos máis vistosos e cunha navegación máis
intuitiva, pero isto é outro tema. Volvendo
ao de antes, non me sorprendería que as distintas adaptacións ás necesidades
dos membros do alumnado se fagan sobre a marcha, como é a sensación que teño ao
reflexionar sobre o meu paso pola educación obrigatoria.
Como apunte final, gustaríame comentar que as
programacións didácticas encaixan perfectamente coa miña forma de ser e traballar, e parécenme
un documento moi valioso para o desenvolvemento da práctica docente.
Con todo, tamén son consciente da dificultade da súa correcta elaboración (velaquí un exemplo de contradición) e
entendo que o profesorado cunha longa traxectoria poida vela como algo
innecesario. Ante isto, non está de máis recordar que a actualización debería
de ser algo intrínseco á docencia.
Grazas por lerme!


Ola Laura,
ResponderEliminarMoi bóa reflexión a que fas sobre o tema!
Coma ti, pensó que as programacións didácticas son un documento de moita utilidade para os docentes (e para o alumnado), sobretodo para os/as que están comezando na profesión, xa que é a súa guía. É por iso que, tamén como dis ti, aínda que comprendo que a súa elaboración non é doada, é moi importante que se faga dun xeito meticuloso e adecuado, pois de outro xeito pode resultar confuso para o bó desenvolvemento da materia, ou como ben exemplificas ti, en casos coma una substitución de docente.
Un saúdo,
Marta.
¡Ola! ¡Gracias polo teu comentario!
EliminarSi, a verdade é que sempre penso nese momento das persoas que están en listas e teñen que substituír ao profesorado nun curso xa comezado. Penso que unha boa programación didáctica facilitaría moito a súa adaptación, pero falo desde a inexperiencia... Ata a semana!
¡Hola, Laura!
ResponderEliminarAntes de nada felicitarte por esta estupenda reflexión sobre un aspecto tan importante en la docencia como son las programaciones didácticas. Durante el transcurso de esta asignatura hemos tenido oportunidad de leer y analizar detalladamente varias programaciones didácticas de diferentes centros y niveles educativos y estoy totalmente de acuerdo contigo en que, por lo general, muchos centros parecen no tomarse demasiado en serio la elaboración de dicho documento. En muchas ocasiones yo también me he encontrado con programaciones didácticas a las que les faltaban aspectos tan importantes como la contextualización o los recursos a emplear, o bien otras que sí contenían estos puntos pero que no especificaban ni concretaban nada en absoluto. Ojalá que en un futuro cercano esto cambie y le demos a las programaciones didácticas la importancia que merecen puesto que en ellas se basa nuestra práctica docente.
¡Un saludo y hasta la próxima! :)
¡Hola, Joana! ¡Gracias por tu comentario!
EliminarLa verdad es que en este máster estamos aprendiendo muchas cosas y sería estupendo que mantuviésemos esta actitud crítica cuando nos enfrentemos a la realidad docente.
¡Saludos! Ojalá juntaran a los dos grupos...